martes, 10 de diciembre de 2013

Xornadas sobre Cooperativismo no Medio Rural



Como punto final ó programa de Fomento de Cooperativismo no Medio Rural ímos a rematar cunhas Xornadas adicadas ó Cooperativismo, onde imos contar con diferentes relatores de diferentes organismos que nos van a explicar dunha forma sinxela todas esas dúbidas que sempre nos aparecen e nunca tivemos oportunidade de preguntar sobre o emprendemento e a fórmula cooperativa. 

As xornadas terán lugar o venres 13 de decembro, no local social de Esmelle (Ferrol) e comenzarán ás seis da tarde seguindo o seguinte programa: 

  • DE 18.00 a 18.30 horas
PRESENTACIÓN DAS XORNADAS E AVALIACIÓN DE RESULTADOS ACADADOS NO PROGRAMA
PROGRAMA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO NO MEDIO RURAL
FALA: ROCÍO GARCÍA BRANDEIRO (COORDINADORA DO PROGRAMA)

  • DE 18.30 a 19.30 horas
COMO EMPRENDER NO RURAL MEDIANTE A FÓRMULA DA COOPERATIVA
UGACOTA (UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO)
FALA: TINO GAGO CONDE (RESPONSABLE DE PROXECTOS COOPERATIVOS DE UGACOTA)

  • DE 19.30 a 20.30 horas
FINANCIAMENTO E SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO MEDIO RURAL
ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE
FALA: NATIVIDAD GONZÁLEZ LASO (XERENTE DE COSTA NOROESTE)

  • DE 20.30 a 21.00 horas
INCORPORACIÓN DE NOVAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO PROXECTO VALLE DE ESMELLE
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VAL DE ESMELLE
FALA: RAFAEL FERNÁNDEZ BECEIRO (MEMBRO DA DIRECTIVA VAL DE ESMELLE)

Se actualmente te atopas en situación de desemprego e resides no rural, NON PODES FALTAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario